11.- O Castro do Cabo de Bares

O CASTRO DO CABO DE BARES


Fora a meirande atalaia de vixilancia maritima da peninsula de Bares, fortemente fortificada, en prevención dunha invasión; como  acontecera dalgunha exitosa das sete ou as moitas máis  que se produciran : Saqueos, depredación e morte.

1) VISIÓN XERAL
Esencialmente representa o tìpico asentamento marìtimo fortificado, cunhas fortes defensas no seu itsmo traducidas por un potentisimo foso e o parecer, cun segundo foso en liña  co faro. Imaxe de 1956.

Imaxe actual en dúas capas.

Detalle actual, destacando o  grande foso detras do Faro xunto cun segundo foso en liña  co faro. No grande espazo que ocupa todo  este forte emplazamento defensivo, entendemos que estarían parte das clasicas estructuras habitacionais. Nas abas  obviamente moi traballadas; existiran unha forte intercomunicación de sendeiros cos conseguintes refuxios, covas, furnas, abrigos para embarcacións, etc. que deberían estar documentalmente recollidas, como parte do patrimonio esencialmente marítimo.

Detalle dos relieves. Os ancestrais asentamentos marítimos, ou peninsulares, en esencia gardan tras de sí aspectos que tocan tódalas materias coñecidas referentes ás condicións elexidas para con o seu hábitat. Sorpréndenos que en un aparente reducido espazo houbera tanta magnitude de detalles.

Pequena mostra de terreo aberto por onde fixérase o contemporaneo  camiño central de acceso, que vertebra este saliente natural alcumado "estaca". Nese terreo aberto podense ollar abundante material arqueolòxico. Hoxe día, todo queda sepultado para facilitar o desplazamento do grande número de visitantes...que no último que pensan é que "alí existira un Castro".

Detràs da "torre" (hoxe desaparecida ) ficaba o povoado central , extendéndose na parte abeirada o brazo do Cabo. Os sendeiros de baixada  a travès dos acantilados están casi desaparecidos polo paso do tempo.

En primeiro termo, restos arqueolóxicos, hoxendía sepultados.

Inicio do enorme foso principal.


2)OCULTANDO VESTIXIOS PREHISTÓRICOS
Farà nin 2 anos, aproveitaran a remodelación e modernización do aparcamento para botarlle recheo o camiño interior a base de sacas de terra ( aínda pódense ver sobresaíndo do chan), enterrando vestixios básicos. Na imaxe ollamos o perfil da entrada principal  o recinto fortificado.

O recheo salvaxe que fixeran tapara  tódolos vestixios. Aínda hoxe pódense ver restos dos sacos de terra que verteran para tapar os restos arqueolóxicos.


A plataforma de entrada sitùase detras do Faro.

3)A PENA SINALIZADORA OU  "A  ESTACA"

A PROPOSITO DO TOPONIMO "ESTACA" 

Sempre parecéunos moi torpe definir o termo "estaca" coa forma xeografica desta península enclavada no Cabo de Bares.
 Hoxendía este termo está moi extendido, e todo o mundo  "identifica Bares cunha estaca" e a relaciona coa forma xeográfica do Cabo.

Nós pensamos que (desempeñando sempre unha  vocación  sinalizadora o ficar no sitio idóneo) este topónimo, referíuse a calificar ancestralmente a unha forma pétrea natural ou non, suficientemente alargada a modo de "agulla tipo Loiba" , sempre en posición vertical, coa que os navegantes a poideran identificar polo día. 

Obviamente cando a visibilidade era nula, utilizáranse sempre o sistema moi extendido dos clásicos fachos.

O símil o temos no "Portal de Cañoles" , a entrada da Península de Bares; pois alí ficaban  tres formacións pétreas altas que popularmente polo alcume de "Os tres irmáns".
O lugar exacto  desta enorme pedrafita, - posto que estou a falar dunha enorme  pedrafita, natural ou non (a risco que me volten excomulgar os académicos , historiadores, arqueologos e licenciados !! ) mais da súa ubicación descoñécese.

Nós creemos que podería ficar no extremo final ou no punto máis alto desta curta atalaia de observación e vixilancia...ou tamen ubicada nun sitio referencial de cruce ou berce dos sendeiros cara o Océano, como é a nosa proposta.


A continuación servimos unhas imáxenes desta a nosa proposta.
Arriba vemos un primeiro plano da noutrora enorme pedrafita esnaquizada que ficaba no borde do acantilado, o carón do foso de entrada, coincidindo  a sua posición cunha grande  depresión, que segundo a nosa opinión,  constituía o berce dunha serie de sendeiros de baixada cara o Océano, marcándoos referencialmente coa súa presencia .

O lugar que ocupa é privilexiado, abeirado e altamente estratéxico; marcando unha zona esencial para acceder os baixos , cara as furnas.

Manteño as miñas dúbidas sobre a sostenibilidade da pedra no chan. Parece non estar fitada. ??????

A sua presencia era altamente chamativa polos navegantes.

Dende logo, a dominación da bisbarra oceánica dende este estrstéxico punto é absoluta 




O seu carón existen un forte cúmulo de pedras.

Fixádevos no emplazamento xeográfico




Vista do tramo final do foso

A grande pena a esquerda. O tramo final do foxo , no centro da imaxe.


O mundo laboral marino fáise notar nas baixadas e no acougo nas furnas escollidas; máis isa realidade sempre pertenecerá o código segredo dos mariñeiros.

4) A CANALIZACIÓN INTERIOR
Baixando cara a Punta do Cabo atopamos o único resto visible do ordenamento dentro do recinto fortificado.

Vista dende o lado contrario.

5) O ALTAR

Andando na procura dunha alternativa críbel da pedrafita que rebautizáramos como "estaca"; percorréramos o Cabo na procura dalgo semellante ou superior, na forma dunha  pedra truncada . Búsqueda infrutuosa pois só atoparamos esta enorme pena , fitada ou non.
É moi visible o corte que a reconvertira en "mesa".

Outro aspecto do corte. Tremendamente difícil presupoñer a Época do mesmo.
A ,"mesa" ficando nun lugar estratéxico, no medio dun gran complexo pétreo; e o parecer de non estar fitada, ben poidera adquirir as funcións de Ara dentro dun espazo sacro.



Calificar como o Altar principal das ofrendas cara o  mundo Atlante , sería coherente tendo en conta a sua bisbarra inmediata .


6) O CASTELO

Un forte complexo pétreo sepáranos da "agulla do fin da terra"

Detalle do anterior con "pasillos de acceso"

7)O FINAL DO CABO DO MUNDO
...Detalle do tramo final do grande Cabo de Bares. 
Ampliación da anterior. Non apreciamos nengunha "agulla truncada" , onde iste Cabo do Fin do Mundo collera o nome de "estaca".

8) O OUTEIRO DO CABO

Acougo sacro ou referencial ubicado na parte interior do final do Cabo, con enormes posibilidades de constituír o lugar idóneo para  sinais lumínicas, un "lugar do facho do Cabo".

Vista final diste pequeno monte referencial anterior, coa súa "agulla" dentro dunha abeirada zona de baixada.


9) O SEGUNDO POVOADO 

Enorme extensión compatible con a ubicación perfecta para constituír a prolongación do grande poboado dentro deste recinto fortificado do Cabo de Bares.

10)  DEZ CONCLUSIÓNS 


1). O Cabo de Bares constitúese nun milenario posto de observación marítima de primeiro orde xa dende os primeiros tempos da antigüidade.

2). Constituía ún dos xa nomeados  "Montes Fachos" dende o Neolítico con os conseguintes "observatorios" de apoio, hoxe desaparecidos 

3). O Cabo  coñecíase  pola "súa grande agulla", ou estaca; que era un punto referencial. Hoxe desaparecida poidendo existir a sua base entre as anteriormente citadas.

4). Co tempo, o milenario posto de observación  ou Atalaia foise transformando nun baluarte protexido por dous foxos co conseguinte reducto amurallado.

5).  Amparados pola protección ofrecida, creárase no seu interior un potente asentamento.

6).  O mesmo tempo, gardaban da seguridade do grande Complexo da Condomiña.

7).  Gozaba de vida marítima propia, cos seus innumerábeis accesos o Océano.

8).   Obviamente contaba con o seu centro espiritual , destacando as súa Ara adicada ás Divinidades oceánicas.

9). O reducto dispón dun "Castelo" ou "Ciudadela" no tramo anterior ó final do Cabo .

10). Era considerado o "derradeiro reducto" ou abrigo ante as máis das sete invasións sufridas.


O interior do Reducto ofrecía disponiblidades enormes, o constituír unha área o suficientemente ancha para albergar toda clase de tarefas.


Gran pena cun rebaixe no seu curuto a modo de axexadoiro. Como outras interesantes pedras fican no exterior do Faro delimitando as entradas dende o parking.

Vista xeral do Cabo.


Independentemente co pioneiro parque eólico alí instalado, moi posiblemente o centro da imaxe nos ofrezca as Mámoa máis occidental do noso NO. 
En primeiro termo, o parking realizado non hai moito , empleando nél grande variedade de recursos económicos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

1.- Portada e adicatoria

6.- Atalaias e vixiancia do mar

10.- O Grande Centro Povoacional da Condomiña