6.- Atalaias e vixiancia do mar

6- BARES E A SUA RELACIÒN MARITIMA: AS ATALAIAS DE VIXILANCIA .

O mar sempre fora paso obligado para acceder ao terras distintas na búsqueda de novas terras, como era tamén a obriga de recalar nos acougos máis propicios para provisión de auga e alimentos.

Aventurarse mar adentro non deixaba de ser unha proeza, reservada os coñecedores da linguaxe oceánica. Rachar a costume de costear levara o seu tempo, máis na lexendaria Época do Bronce  cambiaran moitas cousas. Os novos descubrimentos e profundo coñecemento dos metais abriran moitas portas.

Co rexurdimento do comercio marítimo a grande escala, fixérase obligado trazar novas rutas a través do Océano con un marxe metódico de escalas moi estudado. 
Diste xeito, adquiriran fama, evolución e riqueza as Trebas , cuios territorios formaran parte dun itinerario comercial que dende o Bronce abrirá o Atlántico o mundo.

Mais estes territorios portuarios tamén foran  um obxetivos fixados en potencia para esoutra e abundante xente á que só interesaba " chegar, encher, levar e escapar".

Bares, como lugar comercial  estratéxicamente importante, era un territorio moi codiciado. Polo que despois dos primeiros saqueos foran tomando , non só medidas defensivas, senón tamén preventivas.

Diste xeito tomáronse diversas medidas en toda a costa que abarcaran dende os clásicos e antiquísimos Fachos, que de monte a monte ían avisando das "novidades", ate fortes emplazamentos estratéxicamente situados ben como simples atalaias, ben como torres fortificadas.


Lugar dos Castelos, onde asemade dunha grande chaira que daría lugar ao un asentamento fortificado ( esquerda ), contaría cunha atalaia no outeiro de a carón (dereita), separado por unha forcadiña da zona habitable.


AS FACHAS 
En moitos lugares marítimos ( ou non!)  do Noroeste , e inclusive no interior habia unha serie de montes fachos , que prendían o lume cando as circunstancias obligaban.
A importantisima Península de Bares como zona  estratéxica aberta o mar e a sua bisbarra inmediata tiña organizados unha serie de montes-fachos , para a través deles poder crear atalaias precisas para controlar o tráfico marítimo onde a través das suas diversas épocas ( Bronce, Púnica e en menor medida, Romana) fora dotada de torres de vixilancia, postos de vixia , Atalaias nos lugares mais altos ou baluartes defensivos.
En principio temos noción de que houbera no gran territorio da Treba dos Arrós oito grandes sinais de luz e lume cara os navegantes, sen prexuízo doutros puntos menores:

1.- Monte Faroleiro (Cariño)
2.- Monte Faro (Espasante)
3.- Facho Maeda
4.- Estaca de Bares
5.- Montes do Viso
6.- Illa Coelleira
7.- Facho Devesa
8.- Monte Faro ( O Vicedo)

AS ATALAIAS

Dada a importancia suprema da Península de Bares pola súa condición estratéxica, era de primeiro orde establecer en lugares concretos puntos idóneos para vixiar de xeito constante o Océano.

Así temos varios restos do que constituiran puntos estratéxicos de control:

1) O Carril de Menos.- É resaltable que xusto pa parte superior do Porto, o carón dun lavadeiro recuperado, mais arriba do lugar da Atalaia fique un lugar chamado “Carril de Menos”, onde “ permanecíase nese treito vixiante” tendo como atalaia dous enormes cons.

Era unha área que tiña que estar fortemente vinculada o Porto, dando conta é sinal da identidade dos navegantes a través dos seus navíos.
No primeiro e máis relevante Con observamos unha parte superior desgastada é un lateral esnaquizado. O destrozo fóra máis patente no segundo Con que o acompaña.

2).- Facho Maeda
 Contemporánea da Garita de Herbeira, ten no seu  carón un complexo pétreo interesante  cunha ancestral finalidade orientativa ou sinalizadora. Ista dualidade víñase dando en tódolos montes fachos.

FINAL 

Pechamos provisionalmente este capítuo que contempla varios puntos elementais de observación:

1). Os Castelos, no Suroeste.
2). A Estaca, no Noroeste.
3). O Carril de Menos, no Noreste.
4). O Semáforo. no Norde.

Máis poderíanse engadir máis postos interiores de observación, ubicados xa en reductos fortificados ( A Moureira, O Campelo, Vilela, etc).

Comentarios

Entradas populares de este blog

1.- Portada e adicatoria

10.- O Grande Centro Povoacional da Condomiña