13.- Castro da Moureira


                O CASTRO DA MOUREIRA


Antigo emplazamento fortificado. Hoxendía , aínda que se van abrindo camiños de acceso as partes altas, o lugar fica completamente desmantelado.

A) Ubicación


Plano xeral do núcleo poboacional actual de Vila de Bares (esquerda) e a sua extensa área de influencia cara a praia, onde podemos visualizar a que fora a antiquísima "cidade" da Vilavella, o carón da praia dividida polo Rego de Santa María cara a "Igrexa vella".

Imaxe dos anos 50 cos mesmos protagonistas. 

O "Castro da Moureira" na actualidade.


 O Castro da Moureira hai 50 anos


Superpoñemos a imaxe anterior (dos anos 50) cunha moderna da actual "Moureira"; ou Vila de Bares. (dereita), quedando o Campo do Cego na parte superior .

 b) Accesos


Sendeiro vello de acceso o Castro


O mesmo sendeiro de acceso o Castro

 C) Vistas

Imaxe xeral do Castro. Non temos máis información detallada ante a imposibilidade de acceso ás zonas superiores ( onde instalaron colmenas )

 4) A Fonte do Castro da Moureira


Situada o pé do Castro, sigue dando unha boa auga. Non existe grifería polo que a auga desemboca, dende un tramo perfecta e ancestralmente encaixado,  libremente polos dous canos.


Hai varios anos abriron a terra para súa limpeza e mantemento, deixando o descuberto as estructuras milenarias da conducción  da auga.

Existen outras dúas fontes: a Fonte de Xudres e a Fonte dos Peixes, porque nela "habia anguilas".

 5) A Contorna actual do Castro ( Vila de Bares) 
Zona de penedos, istes siguen existindo nos medios das leiras da vila .

Non moi lonxe e o carón do Campelo , na parte superior da imaxe, fica o Outeiro da Pena do Ovo. Ista enorme pena fóra vendida e esnaquizada para formar parte do Porto de Espasante.

Existe outra fonte subindo cara o Viso.

A contorna fica moi ben desposta a base de grandes, continuadas  e fortes plataformas .


O CAMPO DO CEGO


Si os altos da Moureira dominaba o sector marítimo dende a zona do Campotorto ate os Castelos; a elevación circular do Campo do Cego controla todo o sector marítimo do peirao e zonas aiacentes.
Enclavado nun estratéxico lateral do sector Urbano da Vila, é o sitio máis idóneo para establecer un asentamento fóra da protección da Moureira.
Na imaxe vemos o Campo do Cego franqueado por tres casas. Diante fican os berces dos camiños primitivos que se dirixen o que noutrora era o asentamento pioneiro de Bares, e que nós chamámoslle Vilavella.

Tén forma circular, formando unha ampla chaira no seu interior.

Detalle do seu interior 



Fortes muros dividen as leiras do seu interior. Na imaxe , entrada co clásico zócalo .

A mesma entrada anterior desde distinto ángulo.



Aspecto actual dos seus muros.

Como na CONDOMIÑA, é constante a grande reutilización das grandes penas , moitas delas xa traballadas, adaptándoas ás novas separacións das leiras.

Comentarios

Entradas populares de este blog

1.- Portada e adicatoria

6.- Atalaias e vixiancia do mar

10.- O Grande Centro Povoacional da Condomiña