14.- Final da Ruta do Estaño: O CAMPELO

O CAMPELO
Final da Ruta do Estaño


Imaxe do 56 na que vemos o Campelo ( angulo inferior dereito) todavia con uso agrìcola, con claros abertos. Hoxendìa e unha grande reserva eucaliptal.

O Monte Campelo na actualidade: houbera unha tala de eucaliptus  para voltar a repovoalos. No centro da imaxe, o final do derradeiro tramo da Ruta do Estano  (Camiño dos Arrieiros).

Superficie do Campelo

Cruce: a pista superior vai a Vila de Bares, saìndo por detràs da Igrexa.
Maxestuoso inicio /final do lexendario Camiño dos Arrieiros  ( zona superior da imaxe).
Hoxe, o Campelo , andándoo a simple vista non nos aporta ren, agás algúns fortes grupos de cons, acompañados por espazos achairados cun elevado número de pedras; compatíbeis con pequenos grupos de aldeias.
Todo está baixo o gran eucaliptal surcado de camiños de carro, onde toda investigación tórnase moi difícil aínda tendo constancia , como nas abas do Viso, da existencia estructural de asentamentos.
Non esquezamos que o vial máis poderoso da Ruta do Estano, atravesa este outeiro ate a súa desembocadura no poboado da Praia.
Polo tanto, teremos que agardar , como nos outros lugares, a corta dos eucaliptos, para achegar definicións máis concretas de cada recodo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

1.- Portada e adicatoria

6.- Atalaias e vixiancia do mar

10.- O Grande Centro Povoacional da Condomiña