15.- A Contorna das Mamoelas

CHAIRA DAS MAMOELAS

Constitúie ún dos lugares máis sagrados da península de Bares. Casi diriamos que sería o de maior relevancia tanto arqueolóxica como etnográfica.
Enclavado nunha extensa  chaira  e o carón da Ruta do Estano, observamos , entre outras cousas menores, máis relevantes; a existencia de duas estructuras escavadas en rocha e unha grande laxe escrita, todo elo dominando toda a zona oeste da Península. 
Como non podería ser doutro xeito, alí fica unha extensa necrópole ( Maciñeira documentara só dous potentisimos túmulos, hoxe moi mermados)

O cursor sinala o emplazamento da Chaira das Mamoelas, que ben poidera abarcar unha maior extensión.

As Mamoelas , na dereita da imaxe

Pasaran moitos séculos, e a terra fóra labrada e removida xeración tras xeracións milleiros de veces. Grazas a foto aérea dos 50 podermos facer unha ideia xenérica desta contorna e do seu contido e relevancia .

Tumulo a 150 m das Mamoelas na parte centro dereita da imaxe. A pista é o célebre Camino dos Arrieiros.

Nembargantes sempre atópanse restos moi dudoso, sempre dignos de ter en conta, sobretodo os que fican o carón do Camiño  dos Arrieiros, como neste caso,  distante 6 m da entrada do sendeiro cara as Mamoelas.

Chaira das Mamoelas. Muro interior.
Descubrira a Estructura 1!!!. As fotos que siguen é o resultado de agardar ano tras ano a que alí houbera unha corta de eucaliptus, e así poder entrar nesa histórica chaira, ( recordade: si existen túmulos é que o lugar tén "algo máis")  pero despreciada e condenada pola propia ignorancia ou ben pola desidia de quenes saben, pero adrede, o ocultan.

Por fin ocurrira, e poiden realizar a investigación obviamente  superficial, máis semimeticulosa do lugar...do que poiden observar a plena vista... Hai 3 anos!!!

Nesta semana do 2025 voltara, e todo está de novo a selva, resultando imposible o acceso. 
Polo tanto, seguimos coas imáxenes captadas hai 3 anos.

A Gran mámoa. (Cando a corta, contara ate 18 cortes de troncos de pinos e eucaliptos, só plantados na súa parte central.)

ESTRUCTURA PÉTREA DA CHAIRA DAS MAMOELAS

A estructura  fica no fondo, o final do balado. Tén un corredor interior. No pé da estructura existen pequenas pedras chantadas. Unha pena moi interesante que podería desvelar moito, igoal que a súa pequena bisbarra inmediata.


De novo reproducimos o maxestuoso e enorme xacemento Tumular ( Maciñeira documentara dous . O segundo case nen se aprecia). No mesmo " cono de violación" plantaran 18 eucaliptos e pinos. Hoxe voltouse a repoboar co mesmo.

A PENA ESCRITA DAS MAMOELAS


Diferentes imáxenes  da Pena Escrita das Mamoelas.  Omito toda interpretación, deixándoos nas mans d@s especialistas .O bon de estar hoxendía inaccesible é a sua protección futura.
Esta pena tén asemade a importancia de estar nunha zona predominante , no confín final da Chaira das Mamoelas, cun amplísimo dominio da zona baixa ate o Océano.
As imáxenes non fan xustiza coa pena. É o mobiliario arqueolóxico máis importante de Bares . Obviamente diante e o carón dela existen máis afloramentos. Máis é imposible facer máis do que fixeramos , dadas as condicións. 

SÍNTESE PROVISORIA

Esta enorme chaira que baixa cara o Océano tén na súa parte central un afloramento cun pasillo central e a 50 m érguese unha gran laxe escrita.
A chaira está o carón do Camiño Primitivo "dos Arrieiros ",  contendo a 80 m dous dos máis grandes túmulos dos 82 catalogados por Maciñeira .
Presumiblemente, e dado o carácter cirimonial e sacro desta chaira, fórase erguendo unha imponente necrópole.

Comentarios

Entradas populares de este blog

1.- Portada e adicatoria

6.- Atalaias e vixiancia do mar

10.- O Grande Centro Povoacional da Condomiña