2.- Introducción e Preámbulo
1.- INTRODUCCIÒN
Remontar con
precisión absoluta o camiño dos feitos històricos é algo imposible. Reconstruir o pasado
con exactitude , resulta labor difícil, de moitos anos de investigaciòn "de por vida", cando os datos son
incompletos, confusos e constantemente alterados froito dunha ocupaciòn continua destas terras.
Por tanto, debemos aceptar ( non nos queda outra!!) a forma alterada en que se nos achegara toda a informaciòn debida a través do
tempo, para que entre tod@s, exercendo unha libre critica constructiva poidamos formular unha opinión que nos achegue a realidade històrica.
Para este corto e sinxelo ensaio de investigaciòn, imos establecer uns puntos concretos a modo de indice:
1.- Portada e
adicatoria
2.- Introducción e
Preámbulo
3.- Repaso Rápido
da nosa historia
4.- Bares e a sua
organización económica
5.- Bares e a sua
conformación territorial
6.- Bares e a relaciòn co mar : As Atalaias
7.- A zona portuaria
8.- O Povoado da Igrexa Vella
9.- Os altos do Viso
10 .- Os povoados da Condomina
11- O castro da Estaca
12 .- Os Muiños do
Campotorto
13.- O Castro da
Moureira
14,. O final da Ruta do Estano: O Campelo
15.- A contorna das Mamoelas
16.- As Fachas da Maeda
17.- A Necrópolis
da Caldeira
18.- O Castro do Castelo
19.- Os Camiños interiores de Bares
20.- Bares na actualidade.
2 .- PREÁMBULO
A península de
Bares entrara na miña vida hai mais de 25 anos como relevo mais
perto das miñas anuais viaxes a Keltia (Illas de Manx, Hèbridas, Irlanda, Escocia, Peninsula de Cornualles, Àrea de Dartmoor, A Bretaña e Wales) onde depositara na década
dos 80 e parte dos 90 a grande enerxía da miña vida, adquirindo os coñecementos necesarios para poder enfrontar os retos que a historia depararíame nun futuro.
Asi , dende 1998 ate
a actualidade , tódolos meses de setembro fico bebendo dos aires
atlánticos depositados nestes sacros e históricos eidos de Bares que o
destiño fíxome coñecer; cecáis non todo o ben que debera, pois
alí ía descansar todo un ano de tensiòn, preparando asambleias e campañas sindicais a prol dos meus compañeiros de
Correos; e de paso continuar coas miñas exploracións do Camiño dos
Arrieiros na sua base final e continuar planificando os estudos da Serra do Xistral.
Asi, sen querer a cousa,
silandeiramente poiden acarimar ate conquerir unha serie de ideias
para completar "unha sinxela proposta de aficionado" dos orixenes, desenrolo e destiño desta histórica
peninsula, que fora determinante na Ruta do Estaño da Idade do
Bronce, cuio vial fora o Camiño Grande , dos Arrieiros.
Chegados estes tempos no que a década dos 70 anos entráranme de golpe pola porta todos xuntos, xunto con unha serie de
achaques que me recordan os albores da terceira idade no que todo escomenza ir costa abaixo; e reflexionando de que moi pronto as limitacións físicas e cecáis
psíquicas limitaránme sobremaneira o meu devagar inquedo da
procura das chaves da historia; escomenzéi a recopilar, ampliar, e
divulgar todo o que un dia escomenzara a traballar , dende a zona final da Serra do Xistral, pasando poa zona históricamente
desprezada das terras altas de Dumbría, esaoutra candidata o Medulio
como fora o lugar de Parada ( Pereiro do Aguiar) ate o Camiño dos Arrieiros, e
obviamente a sua parte final, a Península de Bares.
Neso andamos e
agardo poder cumplir os meus desexos de ver terminadas as miñas
teorias antes que me leven os ventos do esquecemento mental da
vellez.
As fortísimas mareas cambian completamente a paisaxe da praia, permanecendo soterrada, aparte de innumerables cons, testemuñas necesarias para podermos entender as propias evolucións de toda ista área costeira, noutrora ocupada polo antiquísimo poboado do Neolítico, tendo o seu baluarte sacro no prominente Cabo ,chamado a "Igrexa Vella".

Comentarios
Publicar un comentario