6- BARES E A SUA RELACIÒN MARITIMA: AS ATALAIAS DE VIXILANCIA . O mar sempre fora paso obligado para acceder ao terras distintas na búsqueda de novas terras, como era tamén a obriga de recalar nos acougos máis propicios para provisión de auga e alimentos. Aventurarse mar adentro non deixaba de ser unha proeza, reservada os coñecedores da linguaxe oceánica. Rachar a costume de costear levara o seu tempo, máis na lexendaria Época do Bronce cambiaran moitas cousas. Os novos descubrimentos e profundo coñecemento dos metais abriran moitas portas. Co rexurdimento do comercio marítimo a grande escala, fixérase obligado trazar novas rutas a través do Océano con un marxe metódico de escalas moi estudado. Diste xeito, adquiriran fama, evolución e riqueza as Trebas , cuios territorios formaran parte dun itinerario comercial que dende o Bronce abrirá o Atlántico o mundo. Mais estes territorios portuarios tamén foran um obxetivos fixados en potencia para esoutra e abundante xente...
Comentarios
Publicar un comentario