7.- A Zona principal do Peirao.

7- A ZONA DO PEIRAO.

1) Xeneralidades 

No lugar que hoxendia ocupa o moderno povo de Bares ubicábanse a parte máis sobranceira do grande Peirao de Bares, cos lugares de traballo: ( factorías, talleres, etc e todo o relativo do tratamento dos productos do mar ou daqueles productos comerciais tales como os minerales codiciados desas épocas etc, etc.).
Moi posiblemente, pola amplísima area do Peirao e bisbarra do mesmo ( na parte pola que discurre a estrada ) figurarán soterradas grandes viales, conductores de liquidos xunto a outros elementos de transporte.

2) O longo areal

A praia , noutrora formada enteiramente por cons de todolos tamaños que moi posiblemente albergaran aneiros e estructuras portuarias; abeirada en forma de cuncha, contiña e contén elementos históricamente importantes  que facilitaban estruturalmente tanto as labores portuarias como as protección das mareas. 
Nun dos posibles límites das principais instalacións portuarias fica a histórica PEDRA PRODUNCELA; aínda que creemos que a lonxitude portuaria abranguia absolutamente todo o que hoxe cubre o extenso areal.

3) O COÍDO

Sendo a estructura máis representativa de Bares grazas ao súa remodelación e recuperación contemporánea, non deixa de ser unha verdadeira xoia arquitectónica do Bronce (Bronce temprano ou Neolítico tardío???) feita a base dos innumerábeis cons que alberga o final da peninsula.

Posiblemente esta actual estructura recuperada fóra  moi simplificada, quedando como mostra do que chegara a ser o Porto.

Para nós, o Porto ficaba máis longo e pechado , ofrecendo os brazos do Coído unha barreira maior que actual . Ténse visto baixo as augas restos de unha segunda barreira de cons en torno ó actual Coído.


Berce actual do Coìdo con unha representación do que ben poidera ser o litoral en torno ó hoxe fica cuberto pola area .
Manténse a pequena praia do Porto de Fóra.


O berce do antigo Coido recuperado. O fondo, a praia do Porto de Fora.

Detalles das grandes pedras do Coido


4) ZONA SUPERIOR DO PEIRAO

Vista aèrea do recodo que atopades a pouco de sair da povoaciòn do Porto de Bares a dereita.
Xusto na primeira curva. Os dous peches circulares indican a existencia dunha estructura posiblemente contemporànea do periodo mais importante do peirao....

...por tanto, elevamos a nosa  sospeita que neste recodo ( a poucos metros saindo do Porto) fican antigas estructuras do enclave portuario.. A abrigosa chaira asi o indica...

A importancia deste recodo vémola nos camiños vellos que a circundan pola súa parte alta (centro da imaxe)

5) AS FACTORÍAS 

As factorìas:  pequenas ou medianas estructuras habitacionais convenientemente protexidas , xogaran un papel esencial cara o desenrolo da vida portuaria; traballando, preparando, acondicionando, etc.  tódolos productos que chegaban ó Porto por moi diferentes medios.


As tempestades deixara o descuberto elementos portuarios valiosísimos.

Os cons siguen servindo de protección oceánica dos noutrora altos e poderosos muros de contención.

"Unhas boas capas de cemento arránxao todo". Menos mal que Bares é zona protexida....o menos polo momento 

Parte dos muros , unha vez restaurados

Vista xeral do peirao, Coido e a baixante do Viso


Parte final do Coìdo actual. Moi posiblemente o Coído tivera outra forma e dimensións.


6) COMPLEXO PETREO DA PRONUNCIELA

Aínda que consideramos todo o areal como parte intrínseca das actividades portuarias, dámoslle ó conxunto da PRONUNCIELA un valor especial, q
ue a modo de "Menhir" actúa como un enorme e notable marco sinalizador.

Independentemente do seu uso reconvertido no Peirao na época máis florecente (Bronce) polo gran número de penas agrupadas no seu entorno; coidamos o seu uso especial para iste e outros fines nas épocas anteriores o Bronce.


A pena máis importante do arenal, que, aínda solitaria,  forma parte relevante deste mencionado conxunto pétreo, da cál descoñecemos o seu nome, é digna dun estudo máis detallado a realizar no futuro.
Nela podemos apreciar rampas escalonadas plataformas, e outras características.

O evidente desgaste e rebaixes fai desta pena, parte integrante do mobiliario máis primitivo do Porto de Bares.


Nós creemos que este conxunto pétreo tamén  tiveran a sua historia alén dos Metais, dentro do mundo Neolítico.


Estes dous penedos ben poideran pertenecer o formar parte do segundo Coído, outorgándolles utilidades concretas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

1.- Portada e adicatoria

6.- Atalaias e vixiancia do mar

10.- O Grande Centro Povoacional da Condomiña