OS MUIÑOS DE CAMPOTORTO
 |
| Dende a Vila de Bares sae un sendeiro cara o Campotorto, Eido de potentes grupo de muiños de vento e de auga que fican nos altos detrás da Mourela, e o carón do Coritelo respectivamente. |
 |
Estes muiños de vento utilizàbanse aproveitando a forza reinante de ficar a mar aberto. Hoxendia fican unicamente os seus esqueletes externos. Seica mercaran algúns hai poucos anos, máis non se atreveran a construír neles.
|
 |
| Restos de edificaciòns en torno os muiños de vento do interior do Campotorto. No fondo, os altos da Moureira. |
 |
A poucos metros dos muiños de vento, existìan complexas estructuras que aproveitaban a forza de caìda dos regos en actitude descendente cara o Mar. Os xa clásicos muiños de auga.
|
 |
Aproveitaran os moitos vestixios ancestrais. Nas fotos, posible estructura tumular ? o carón da forte depresión onde baixan a ringleira de estructuras encadenadas de aproveitamento da forza do regato que desembocaba no Océano a poucos metros.
|
MUROS
 |
| Toda a contorna interior desta paraxe do Campotorto estaba ben acotada por gruesos muros |
 |
| As tècnicas e fabricas son ben coñecidas. |
 |
| Os restos das cabanas do Campo torto fican parellas con vestixios esquecidos do pasado. |
 |
| Terreo moi ocupado , traballado e por conseguinte continuamente reutilizado o longo dos séculos. |
Como sabemos, hoxendía só sirven como plantacións de piñeirais.
 |
| No fondo, a Vila de Bares |
 |
| Toda esta área está chea de vestixios que delatan un pasado moi activo. No centro, Muíño de auga. No horizonte, muiños de vento. A 100 m fica a Vila. |
 |
| A forte depresión no medio da imaxe, constituie unha área moi abeirada que constitúe a rota dos muiños de auga cara o Océano. A zona de Coritelo fica a dereita desta fortísima depresión. |
 |
| Os campos acotados e traballados, aínda hoxe, son unha constancia da Vila. As súas xentes, moi lonxevas, siguen nas leiras. Algo que significa , e moito, a Vila. |
No inicio da depresión, morren os diferentes camiños . É de destacar o aproveitamento das plataformas do terreo. O Coritelo fica a dereita.
Estas plataformas formaban as bases de traballo para diversas actividades en terra ou punto de encontro dos camiños de baixada, si ías o mar. Aínda que fóra posible a existencia -sempre ocasionais- de estructuras habitacionais nas mesmas, entre as que se encontra a primitiva capela de San Antonio.
Toda esta zona responde o nome de CORITELO, cecáis extensible a esoutra plataforma descendente existente a sua dereita.
As chairas morrían cara o mar, das que prolongábanse camiños de traballo mariño, que merecerían pola súa riqueza etnográfica, unha investigación moito máis detallada. No fondo podedes observar Os Castelos.
Comentarios
Publicar un comentario