Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2024

6.- Atalaias e vixiancia do mar

Imagen
6- BARES E A SUA RELACIÒN MARITIMA: AS ATALAIAS DE VIXILANCIA . O mar sempre fora paso obligado para acceder ao terras distintas na búsqueda de novas terras, como era tamén a obriga de recalar nos acougos máis propicios para provisión de auga e alimentos. Aventurarse mar adentro non deixaba de ser unha proeza, reservada os coñecedores da linguaxe oceánica. Rachar a costume de costear levara o seu tempo, máis na lexendaria Época do Bronce  cambiaran moitas cousas. Os novos descubrimentos e profundo coñecemento dos metais abriran moitas portas. Co rexurdimento do comercio marítimo a grande escala, fixérase obligado trazar novas rutas a través do Océano con un marxe metódico de escalas moi estudado.  Diste xeito, adquiriran fama, evolución e riqueza as Trebas , cuios territorios formaran parte dun itinerario comercial que dende o Bronce abrirá o Atlántico o mundo. Mais estes territorios portuarios tamén foran  um obxetivos fixados en potencia para esoutra e abundante xente...

5.- Bares e a sua conformación territorial

Imagen
5.- BARES E A SUA CONFORMACIÓN TERRITORIAL A sona do porto e península de Bares no Bronce correra por todo o seu entorno económico , etiquetándoa como o Porto das Terras do Confín do Mundo Coñecido, tal como se desprende dunha das moitas lecturas do topónimo ARTABROS… alén do Boreal., no cál quérenos indicar que Bares era o "moi coñecido Porto do Norte da Treba dos Arrós".  Ocupando un eixo estratéxico prominente no mundo comercial atlántico , etiquetado como "confín do mar coñecido"; delimitando as áreas Cantábricas e Atlánticas, e sendo "Punto de Encontro da Ruta do Estano Galaico"; c omo toda área cun porto en franca evolución, a península fora evolucionando en cadaséu coto territorial .   Hoxendía nada queda que poidamos amosar con certeza, mais intúiese que os restos desa floreciente etapa durmen,  ( e por conseguinte fican protexidas dos actuais depredadores) o paso dos séculos baixo terra en todas e cada unha das zonas divisorias da península. ...

4.- Bares e a sua organización económica

Imagen
4.-  BARES E A SUA ORGANIZACIÓN ECONÓMICA Para comentarvos a historia da Peninsula de Bares teremos que remontarnos alén da época do estano. As nacentes clans saídos do neolítico escomenzaban a artellar os seus territorios; moitos dos cales con saída o océano buscaban sustento marino e alén do mesmo, escomenzaban timidamente as suas singladuras bordeando a costa ou adentrándose con tino na alta mar. Diste xeito, a nosa Península de Bares fora adquirindo consistencia e organización, partindo do porto e ampliando territorios, conquistados a natureza. Máis tarde pasaran dende as suas especialidades da pesca e tratamento das especies a ser porto de sona con destiños claros e xá constantes tanto na veciña peninsula Armoricán como nos territorios do Atlántico sul, ou mesmo enfrente, enfilando a clara Autopista Oceánica das estrelas, rumbo as Kassitérides; ás grandes illas dos britóns. Así construíuse a que ia ser o maior dos viais comerciais do noso NO. : ...