4.- Bares e a sua organización económica



4.-  BARES E A SUA ORGANIZACIÓN ECONÓMICA

Para comentarvos a historia da Peninsula de Bares teremos que remontarnos alén da época do estano. As nacentes clans saídos do neolítico escomenzaban a artellar os seus territorios; moitos dos cales con saída o océano buscaban sustento marino e alén do mesmo, escomenzaban timidamente as suas singladuras bordeando a costa ou adentrándose con tino na alta mar.

Diste xeito, a nosa Península de Bares fora adquirindo consistencia e organización, partindo do porto e ampliando territorios, conquistados a natureza.
Máis tarde pasaran dende as suas especialidades da pesca e tratamento das especies a ser porto de sona con destiños claros e xá constantes tanto na veciña peninsula Armoricán como nos territorios do Atlántico sul, ou mesmo enfrente, enfilando a clara Autopista Oceánica das estrelas, rumbo as Kassitérides; ás grandes illas dos britóns.

Así construíuse a que ia ser o maior dos viais comerciais do noso NO. : a célebre e importante RUTA DO ESTANO.
Esta ruta transoceánica, nunca delimitada por terra, tiña continuidade por mar, a través da trazada Autopista Oceánica, tendo ún dos seus enclaves estratéxicos no Porto de Bares.

Estamos a falar dun vial transcendental no necesario mundo comercial da temperán etapa dos Metais , o cál polas súas características tivera continuidade ate o século pasado sendo coñecida como o Camiño dos Arrieiros; o cál tiña o seu berce no “punto de encontro” na chaira da Cunca do Eume con silandeiras rutas espalladas por diversos territorios do Noroeste; cara a Terra Chá, Centro, Sul ,etc, etc. para unha vez unificada a ruta nun solo camiño, prosperar a través das achairadas terras altas das serras Faladoira, Coriscada para baixar cara as chairas de Mogor, atravesar os penedos dos Cañoles, que servian de fronteira vixilada como entrada principal da Peninsula de Bares , para ir adentrándose na mesma a través dos altos da grande necrópole do Chan da Caldeira, o grande centro da Maeda, e ir baixando ramificadamente cara o Castro da Moureira ( hoxe Vila de Bares) ; ou ben dun xeito máis directo cara o Océano as través das aldeas do Campelo  entrando directamente no grande ( e fortificado ) povoado de Bares (en adiante, Vilavella),  distribuíndo a mercancía a embarcar ó longo do extenso Peirao abeirado coa protección dos  Coídos e conseguintes reforzos, sendo ista unha magna obra de inxeniería para aqueles remotos tempos.

A fama da estructuración territorial lograra que determinados comerciantes se afincaran na peninsula e fundaran pequenas colonias , aportando seus coñecementos e adquirindo novas cotas de mercado.
Eso conlevaba a unha sona moi importante tanto do porto como da ruta marcada, que se traducia nunha serie de asentamentos o longo da ruta e final da mesma, formando un núcleo económico transcendental para la propia existencia desta Ruta; traducido a un territorio peninsular autónomo ( ou independente) dotado con vida propia.
Este territorio traducíase nesta mesma peninsula nunha serie de aldeias e  povoados, moitos deles fortificados e loxicamente intercomunicación entre sí, e nun grupo de atalaias de vixilancia perfectamente defendidas por fosos e murallas.

Tan magna estructura peninsular, adquirira elevada sona para atraer os maiores e  experimentados comerciantes da época púnica , que elexiran Bares por tér asemade xá feitas as estructuras necesarias, como punto estratéxico cara súa expansión atlántica.

O tipo de asentamento púnico descoñécese; máis a sona adquirida ténse manifestado evolutivamente de contar no Porto asemade con o seu desenrolo tradicional dende sempre cunha factoría de baleas e outras novidades extendibles a outros productos comerciais.

Obviamente , o feito de ser un necesario enclave púnico, toda a Peninsula fora rediseñada , tanto a sua organización como a sua defensa, adquirindo unha sona bastante forte, propiciando o comercio alén do xá coñecido, e elevando en suma o nivel organizativo, evolucionando o hábitat, dacordo con as novas técnicas e avances sociais , comerciais e laborais adquiridas provintes das civilizacións do mundo coñecido.



A esquerda , o final do Coído novo iluminado.
A illa Coelleira fica tamén iluminada polas raiolas da lúa.

Comentarios

Entradas populares de este blog

1.- Portada e adicatoria

6.- Atalaias e vixiancia do mar

10.- O Grande Centro Povoacional da Condomiña