17.- A Necrópolis da Caldeira
A NECRÓPOLIS DO MONTE DA CALDEIRA
Podemos resumir A Caldeira como unha extensa chaira de digna altitude, que continua o alto Cordal ( procedente do moi ocupado e importantísimo centro económico da Cunca do Eume, onde converxían importantes viais de comunicación de todo o interior do noso NO., para enfilar a ruta cara o Océano as través do Camino dos Arrieiros.
A Caldeira forma unha enorme chaira que domina completamente a entrada na Península de Bares, o cál formara o lugar máis idóneo e referencial tanto para os traxinantes como para os propios nativos, ademais de constituír un lugar sacro con os seus altares, e a importantísima necrópolis que xunguia dúas Idades distintas.
Procedentes de Mogor, no Barqueiro; a Histórica Ruta do Estano ( Camiño dos Arrieiros) enfila o itsmo da península pasando polo noutrora obligado Portalóns de entrada das Agullas pétreas de Cañoles (hoxe desaparecidos ós Crestóns "dos 3 irmáns "de Cañoles, pola mina) para enfilar o Campo do Tesouro, e subir escalonada mente a enorme chaira da Caldeira. Hoxe este tramo faise por un cortalumes (foto) de 5 m de ancho que se levara por diante todo o que atopara ( cistas, estructuras diversas, etc).
Na imaxe situamos un punto, xunto a grava da mina, o cauce antigo do Camino dos Arrieiros que empataba co camiño real do Barqueiro para subir cara a Caldeira.
A partires do esnaquizado túmulo 40, sube unha nova pista feita creemos pola Forestal de Ortigueira, que é o actual novo trazado do Camino . Delo falaremos máis adiante.
Obviamente o tráfico entre xentes de moi diferentes procedencias entrecruzabase, asentándose e erguendo os seus hábitats, fixos ou provisorias, o longo desta eminente Vial do Neolítico.
Por todo elo, as necrópolis da Caldeira, como importante lugar de paso, podería dar datos moi concluíntes e detallados desta histórica actividade comercial que tivera o seu punto máis álxido no Bronce Atlántico.
Adicado ao noso querido mestre Don Luis Monteagudo.
Conxugadas aparécensenos as típicas mámoas do Neolítico confundidas coas cistas, ben do Eneolítico ou ben no Bronce....
Claro que para documentar , diagnosticar e certificado habería que escavar....
Máis non houbo problema para elo: a inciativa pata tales fins veu rodada do Concello de Ortigueira....
Máis non fóra unha escavación arqueolóxica o uso...
Fóra, nin máis nen menos que a apertura dun cortalumes!!!!
Así que meteron as palas, e déronlle caña ate que a tarefa encomendada quedara feita...
...levándose por diante cistas, mámoas e outros elementos estruturais cos que poderiamos definir, non só o pasado da Caldeira, senón que aportaría datos importantísimos xa a nivel global da propia historia do noso Noroeste referente, entre outras, o Bronce Atlántico.
Eso si, demostraron indirectamente a importancia da necrópolis alí asentada.
Pedrafita desenterrada adrede. Xa non existe.
Iste é o estado en que quedou unha importante zona da necrópole despois de achegar a terra, onde non pasaba o Camino dos Arrieiros coa finalidade de crear un cortalumes.
Iste é o estado en que quedou unha importante zona da necrópole despois de achegar a terra, onde non pasaba o Camino dos Arrieiros coa finalidade de crear un cortalumes.
O arrase con maquinaria pesada e sen nengún miramento fora total, foi total. Miles de séculos borrados da historia en unha hora.
O final así quedara, con a eliminación dun lateral do grande túmulo do Chan do Tesouro. Nós dende as Liga Céltiga Galaica presentáramos denuncia...ate hoxe.
Hai anos así era a subida a Caldeira. O Camino dos Arrieiros sube serpentizante de esquerda a dereita .
Moitos dos complexos pétreos da Caldeira tenen marcas , están rebaixados e contén grande variedade de cazoletas coas súas canalizacións, compatíbeis de potentes altares de ofrendas. Entre éstos, destaca o máis forte, dominando o Océano dende Loiba ate Bares. Tén a sua singular entrada e é un lugar moi visitado.
Comentarios
Publicar un comentario