18.- Os Castelos
![]() |
![]() |
Amplísimo Camiño de Carro cara Os Castelos dende A Moureira, o cál demóstranos a grande utilidade, uso e ocupación que tivera noutrora o grande complexo poboacional dos Castelos. |
Imaxe aérea da enorme chaira, moi ocupada na antigüidade, dos Castelos.
![]() |
| No fondo, medio ocultos fican Os Castelos . Entre éstos e o Coritelo ,fortes plataformas suavizan o inicio das baixadas dende onde parten "os camiños cara o mar". |
![]() |
| Silueta da gran chaira dos Castelos. |
![]() |
| Aba de subida o chan da Caldeira dende Os Castelos |
![]() |
| Típica forcada que divide os "dous Castelos". |
| As Forcadas son grandes puntos referenciais. |
![]() |
![]() |
![]() |
| Altar das Ofrendas. Detalle |
![]() |
| Altar das Ofrendas. Detalle central. |
![]() |
| Altar das Ofrendas. Detalle central. |
CONXUNTO PETREO
Fica neste camino de carro entre os dous núcleos poboacionais da antigüidade de Os Castelos e A Moureira, e trátase dun grupo pétreo en torno a unha pena de fortes proporcións. A continuación imos describir cada elemento deste conxunto, que se nos antolla moi especial.
O pé do camino de carro ollamos un punto referencial . Unha pedra disposta o carón dun pinar sinálanos a existencia deste especial entorno.
A peza clave deste Conxunto é a grande pedrafita , que polo rebaixe que tén no seu cume, podería ter entre outras funcións astronómicas.
Según nos amostra a sua cara posterior, a disposición da pena podería ser accidental, sen estar dotada e ser producto dunha fractura ancestral. Polas dúas caras aparécesenos pequenas canaletas, rebaixes e marcas .
A pena que vemos en primeiro plano acompaña ao pedrafita.
Esta pena "de apoio" o monumento central ( a pedrafita descrita) constaba dunha grande cazoleta ( centro-sul da imaxe), hoxendia desaparecida na súa totalidade, conservando só unha parte lateral.
Tamén tén un pasillo na súa parte central.
Pasillo que tamén aparece na pena, tamén "de apoio" de idénticas proporcións nas Mamoelas (distante tan só a menos de 300 m), que por certo, tamén acompañaba ao outro monumento: a grande "pena escrita das Mamoelas".
Vista máis completa do pasillo transversal ou repisa o longo da pena. Rexeitamos a idea dun corte adrede feita por canteiros.
Igoal que a súa "irmá" das Mamoelas, esta pena podería conter máis elementos clarificadores do seu uso ancestral.
O carón da pedrafita érguese unha gran pena...
.... que moi ben podería ofrecernos moita información. A capa terrestre co paso dos séculos subéu de altitude, ocultándonos o que podería ficar no seu pé...a entrada dunha cova tal vez?
Polas súas texturas, recovecos xeolóxicos, etc podería decir que non está exenta de marcas milenarias.
Todo este gran complexo pétreo está delimitado ( como non podería ser doutro xeito) de gruesos muros, formando un cerco amurallado.
Unha derradeira vista da gran pena. Pola moita maleza circundante, é imposible tanto establecer un perímetro aceptable dela, como facer un estudo preliminar da mesma.
















Comentarios
Publicar un comentario