20.- Epílogo final da terra de pedras faladoiras
EPILOGO ( pequena exposición histórica)
Asistimos a redescubrir unha fermosa península onde a riqueza da terra só é comparable ao vida que hai nela.
Bares é completamente distinta ás terras ou mesmo a vida das terras exteriores. Así o recoñecen os seus moradores.
Aínda que tivera fama de tér dende a antigüidade poucos donos, a forza é poderío dos Clans e familias instaladas fixéranse notar no mundo exterior pola súa economía e pola vantaxe de tén un porto de primeiro orde, moi envexado, polo que actuara de ponte das novas tecnoloxías e descubrimentos cara ese mundo exterior, habitualmente descoñecido noutras latitudes máis pertas.
Situamos a sua época dourada no Cobre tardío, cando o estano era o mineral máis codiciado ( da súa aleación co cobre resultaba o bronce: o cal resulta a o potente descubrimento da época) .
Así pois, detectaran que nunhas determinadas zonas do noso NO. ficaba tan preciado tesouro, o cál comenzárase a exportar a través das grandes rutas dende o interior mineiro ate as costas, dende onde transitábano ate ás terras que o necesitaban.
Unha destas rutas fóra o Camino Grande ou Primitivo , activo dende o Neolítico. Bares fóra o seu destino final. Codiciado e estratéxico porto, necesario para enfilar os novos mundos. Dícese que Bares constituía o berce da clásica "autopista" oceánica cara ao Keltia.
https://caminhodosarrieiros.blogspot.com/
(Eiquí déixovos o meu blog do Camiño dos Arrieiros, que escomenzara a investigar as principios dos anos 90)
Bares convertérase asemade nun punto converxente, nunha referencia do mundo atlántico.
O bullicioso porto dera pé a realización doutras actividades; onde as súas modernas infraestructuras chamaran a instalarse no seu seu delegacións económicas ou potentes empresas, as cales ampliaran o porto e mesmo o revitalizaran.
Bares ía collendo fama no mundo coñecido...
obviamente , a fama tamén trouxera tamén grandes emporios que se foran quedando paseniñamente co porto e as súas riquezas.
Parecería como si ós nativos ...cautivos ou semiescravizados...( ou o que quedara deles) foran reducidos e reubicados nunha área concreta (A Moureira), saíndo tan só só para satisfacer necesidades primarias entre as que constaba de pesca, sempre e cando pagaran un precio.
Ate que chegaran "eles" coas súas trirremes , mercenarios, imposicións e simplificacións imperiais, acabando de por sí mesmo a vida libre da xente, obligándoa o malviver noutras latitudes.
Porque o Peirao convertérase xá nunha propiedade imperial.
Dende aquela, reconvertindo ou eliminando infraestruturas ou trasladando tarefas a outros nacentes lugares (Viveiro, etc); viñeran outros tempos económicos e novos sucesos que constituíran a decadencia da sempre codiciada Península de Bares, ate ir descendendo gradualmente cara o seu final.
As razzias, saqueos, matanzas que conlevaran as invasións recibidas en primeiro termo xunto a unha continua traslación a outras terras, acabaran literalmente con o futuro desta península boreal da Fisterra dos Atlantes.
Por toda a Peninsula atópanse moitas penas soltas, penedos ou conxuntos pétreos cuia forma, rebaixes, etc. indícanos que na sua proximidade existe (na gran maioria dos casos, existira) unha estructura, relieve, etc. bastante utilizado no seu momento, e cecais respectadas polos canteiros debido a sua sona etnográfica e utilidade referencial.
Ahí déixovos unhas moi contadas mostras de estas "sinais antiquísimas".
Desprazada do sitio orixinal. Función sinalizadora. Fica o carón da estradiña que sube o Viso dende as Condomiña.
Comentarios
Publicar un comentario