3.- Repaso rapido da nosa historia
3.- REPASO RÁPIDO DA NOSA HISTORIA
Os galegos ou somos moi modestos ou , amparados nunha aparente ignorancia histórica, creémonos o que sempre nos contaran os interesados académicos que ostentan o poder cultural e os foráneos envidiosos , sobre a nosa historia máis anterga; moi lúcidos en convencernos que eiqui non despegáramos ate entrado o medievo e que fora o imperio romano o que nos amosara os camiños a seguir.
Grazas os descubrimentos dos derradeiros anos , estas teorías viñéronse o traste, porque nen viñeran a "culturizarnos ou invadirnos" desde fora, nin copiamos de ningún esquema estereotipado, senón que fora exactamente o revés.
Producto dunha evolución exemplar que dende o Neolítico, creara os alicerces organizativos para atoparse na propia Idade do Ferro cun Noroeste peninsular cargado de vida a través das súas propias estructuras organizativas, dotando a cada Treba ou territorio autónomo dunha identidade propia.
...Ainda hoxe todavía hai quen teña a ousadía de que isto fora tal como nos dixeran "os entendidos", aportándonos somentes probas circunstanciais do "modus vivendi" da nosa povoacion; pechada con tino nas vilas creadas o uso medieval, e deixando o campo libre o baleirado dunha terra (noutrora tremendamente ocupada) de todo rastro histórico.
Mágoa para eles, porque queiran que non , no noso noroeste peninsular ( non nos esquezamos que andabamos na linea vermella da zona glacial) deseroláronse desde o periodo postoglacial unha cultura inmorrente, que encadenadamente chegara a forzar unha civilización base para entender a propia evolución doutros povos europeos.
Todo relato histórico tén o valor condicionante da economía e obviamente dos intercambios económicos que a través dos milenios condicionaron a vida do ser humán o longo da sua historia. Eso sabémolo ben nos galegos, que dende sempre andivemos percorrendo o mundo coñecido.
Ben sabemos da Época das Trebas, etapa da nosa historia na que neste maltratado noroeste convivian mais de 50 pequenos territorios claramente diferenciados, con as suas territorios marcados e con sistema propio.
Esta época , gloriosa, que tivera o seu colofón e posterior desenrolo , como comentábamos anteriormente, o longo da idade de Ferro e marcara camiño as seguintes civilizacións "que viñeran -e aínda veñen- desde fora disque culturizarnos", ate facerse con o noso capital económico e ir paseniñamente a borrarnos do mapa sen deixar pedra sobre pedra.
Esta célebre frase de "non deixar pedra sobre pedra" ós nosos antergos asentamentos fortificados das Trebas rebeldes e insumisas, fora unha constante dende a antigüedade en todo o mundo coñecido dende os seus comenzos.
No noso noroeste ; como non podia ser menos, tamén se dera; non sabemos a que escala , mais intuimos que fora bastante traumático.
Todavia moitos de nós levamos enriba o estigma non só da derrota, senón da destrucción total, exterminio dos nosos devanceiros.
Outros povos dentro do nororeste perviviran, asumindo os dictados das potencias invasoras; gracias a eles todavia podemos conservar construccións , centros de culto e outros testemuñas do seu paso, que sin ellas , os nosos enemigos, sempre celosos do noso, poderian sentenciar sen rubor que no noso Noroeste nunca houbo "nada diferenciador do establecido"..
É pois os nosos obxetivos demostrar con o que temos que houbera un dia en que fumos , existimos e miramos por evolucionar o que paseniñamente foramos creando dende que o home deixara de andar de paso e decidira asentarse, na Idade dos Tempos no que escomenzara todo, xunto co noso xenio e carácter.
Comentarios
Publicar un comentario