8.- Os Povoados do Peirao de Bares
1) O POVOADO DO PORTO
No lugar que
hoxendia ocupa o moderno povo do Porto de Bares, ubicábanse os lugares de
traballo portuario : todo o relativo do tratamento dos productos
do mar ou doutros aqueles productos comerciais tales como os
minerales, etc, etc.
O litoral de de a Praia do Porto de Fora ate o Campelo contiña e contén elementos historicamente inamobibles
como fortes estructuras de todo tipo xunto a un alto número de enormes cons. Hoxendía todo fica cubertos por sucesivas capas de area. As veces, no inverno, o temporais descubren estructuras do que noutrora foran unha continuación do Peirao.
Outros cons, dispostos adrede en
ringleira bordearan a rada da praia pola sua parte superior, para facilitar diversas labores, ou ben o acceso ás terras superiores da praia, que como é lóxico, todavía perviven a día de hoxe dada a súa utilidade.
2) A VILAVELLA (OU O POVOADO DA IGREXA VELLA)
Nós , ubicamos o pioneiro e primitivo asentamento que constituirá o povoado principal de Bares xusto o carón da Praia lindando co Campelo , en torno o hoxe coñecido como “A Eirexa Vella” (E) e que constituirá o eixe vertebrador. Este monumento non recoñecido oficialmente , desprezado e desprotexido, tén a sua propia historia. Partindo de ser un importante centro de culto da antiguedade pasara por outros papeis, como de unha destacada Vila Román, Igrexa e Cimiterio).
Nós , ubicamos o pioneiro e primitivo asentamento que constituirá o povoado principal de Bares xusto o carón da Praia lindando co Campelo , en torno o hoxe coñecido como “A Eirexa Vella” (E) e que constituirá o eixe vertebrador. Este monumento non recoñecido oficialmente , desprezado e desprotexido, tén a sua propia historia. Partindo de ser un importante centro de culto da antiguedade pasara por outros papeis, como de unha destacada Vila Román, Igrexa e Cimiterio).
O primitivo povoado construírase (segundo o noso criterio) nalgún período da época Neolitica con o seu foso e muros de protección, e totamente comunicado con o complexo portuario por un gran sendeiro empedrado a modo de calzada ...discurrindo por unha profunda e forte congostra que ficaba pola parte alta do litoral, protexido das inclemencias do tempo.
A suma relevancia merecida deste primitivo poboado o constituie o ser o punto final de chegada do histórico Camiño primitivo da Ruta do Estano Galaico, tamen coñecido nos derradeiros séculos de decadencia como o Camiño dos Arrieiros; o cál baixaba polas aldeas que conformaban o monte Campelo, ate desembocar "cirimonialmente" no Povoado, a través dunha delicada congostra vexetal do que todavía pódese ollar o final dese treito desta ancestral ruta.
Aparte dese berce maxistral da Ruta do Estano, desde o poboado subían cara ás terras altas outras duas pequenas rutas:
A primeira partía dun dos extremos interiores do poboado cara empatar con sendeiros aiacentes cara ao Condomina.
A segunda ía directamente o Castro da Moureira ( hoxe Vila de Bares), atravesando polos lugares de Escaire no seu pé ( "fogar do lume", describindo a seguridade que dá as estructuras "de acollida" da Vilavella (A) ; Corgos (B) ( "un pouco mais arriba da Fonte da Virxe" fica unha área moi fértil, regada a cotío polo Rego "da Virxen María") e Beloi ( "as portas de entrada" ós asentamentos "dispersos" do Coto da Moureira) , para xuntarse con estoutro camiño que subía tamén do povoado da praia , por Areas e Barreiro no lugar da Cruz, moi perto xá da Vila.
3) A PRAIA EN IMAXENES
A continuación, para unha maior comprensión do relatado ate agora, ofrecémosvos en imáxenes as áreas concretas en relación con este traballo.
![]() |
![]() |
| Parte dianteira da Pena da Igrexa Vella. Estes 300 m finais de praia poden ocultar as fortes estructuras dun emplazamento fortificado . |
![]() |
| Conxunto da Pena Produncela |
![]() |
| Conxunto da Pena Produncela |
![]() |
| Moi posiblemente ista fora a forma ancestral dun importante sector da praia... |
![]() |
| ...a area fai o resto, escondendo para ben importantes restos portuarios. Sirva como exemplo desta imaxe das costas de Irlanda, os clásicos litorais empedrados, moi comúns na antigüidade. |
![]() |
| Mesma imaxe dos anos 50. |
![]() |
| Lugar por onde circulaba o grande sendeiro empedrado, hoxe día desaparecido entre as maleza e a desidia humán. |
![]() |
| Contorna da actual "Igrexa Vella", que paseniñamente vai esmorecendo pola acción dos elementos. |
![]() |
| Acceso moderno á praia a través das antigas estructuras habitacionais da Vilavella. |
![]() |
| Igrexa vella. O fondo, o Campelo. |
![]() |
| Restos estructurais do "Peñón da Igrexa Vella" |
![]() |
| Imaxe da épica Vilavella |















Comentarios
Publicar un comentario