9.- O Viso

         O  VISO


Definirémolo como as terras altas do final da Peninsula
, que van transversalmente dende as zonas das Mourelas (hoxe "Vila de Bares") que actúa de "itsmo" ou zona de paso entre a masa peninsular e a gran Área final dende   os acantilados da Marufa ate noutrora gran espazo portuario, compartindo con a Condomiña a gran Área final da peninsula.

Para mín , a zona máis impactante fora a de está imaxe, entre a Mourela e a Condomiña, que ocupa o Viso-Oeste, co seu posible "primitivo Poboado" onde só quedan penas grandes delimitando unha plataforma alta e dominante, abrindo paso cara o outeiro máis visible da Península, e o segundo en altura, de nome "Outeiro do Muiño do Vento" pola existencia dun clásico muiño, hoxe desaparecido.( a nós antóllasenos chamala o "Outeiro dos Mortos", ante a sospeita de ser un lugar de enorme transcendencia etnográfica).

O SEMÁFORO 

Máis indo paso a paso, imos comenzar  polo Viso-Leste, polo lugar máis alto do fin da Península (209 m) mal chamado "Semáforo" ( a nós góstanos máis chamarlle "O Facho do Viso"). Iste prominente lugar  ocupárao a Mariña, e hoxe fica reconvertido nun Hotel. Pouco podemos decir do seu mobiliario histórico, desplazado fóra do seu emplazamento orixinal e que hoxe ornamenta un espazo moi coidado e limpo o carón do Hotel.

AS PENAS DO TOLO

A 300 m de chegar os altos do Semàforo ò lado externo da estrada, atopanse unha serie de penedos alcumados "do Tolo", que poden dar pistas sobre o pasado litico desta aba exterior do Viso.
Este complexo tén o seu aquél de que "ese conxunto  pétreo era importante para "o tolo", obedecendo a este apodo as persoas distintas e especiais dentro do noso mundo rural que sentían especial predilección por ficar o carón deste grupo pétreo .

A continuación damos conta de detalles concretos dalgunhas penas deste Conxunto pola súa superficie:

Algunhas cazoletas

Alguns rebaixes alterados pola natureza

A tipica "mesa", xa moi extendida na nosa xeografìa.

 A HABITABILIDADE DO VISO

Como un exemplo que engloba todalas abas e pendentes das térras Altas  da Peninsula, traemos un pequeno sector dunha area ocupada noutrora que fica moi preto do Porto e na súa parte alta, e o pé da "Muller Mariña".
A disposición moi uniformemente extendida por toda a Peninsula de Bares de crear plataformas, ben  de cultivos ou ben buscando a habitabilidade, indícanos o alto nivel organizativo adquirido.

As plataformas albergaban estructuras habitacionais  contruidas con grandes pedras...iniciando asi a reconversion de elementos pètreos de outras Epocas, xa perfectamente traballados.

Detalle do Viso, xusto enriba do Porto



 AS DUAS GRANDES  PEDRAFITAS  DO VISO


PRIMEIRA PEDRAFITA

Dentro da extensa familia das pedrafitas, ímonos referir o gran grupo das grandes e paralelepipedas . Un tesouro arqueolóxico  moi comùn na nosa xeografia , obviamente ninguneado e minorizado pola arqueoloxìa oficial, cando constanos grandemente a sua importancia como marco referencial ou sinalizador.

Este tipo de pedra "sinalizadora" , marca un terreo, indicandonos as relevancias dos mesmos dentro dunha estudada bisbarra. Actuando sempre de modo referencial, indicanos na sua leitura, detalles basicos ou concretos da bisbarra con a relaciòn a coordenadas concretas.

Cara lateral dereita

Ubicación das 2 grandes pedrafitas: 

Estamos nun importantísimo cruce de camiños:
1) camiño Vila de Bares- Semáforo.
2) camiño A Condomiña - O Viso.

Neste cruce atopamos dúas enormes pedrafitas. Ista que nos ocupa ou Pedrafita-Marco.

Comparade a pedra coa miña mochila.

A parte superior na maioria dos casos è chan  e pulida.

Detalle da sua cara anterior. Obsérvanse varias hendiduras moi toscas e pequenas fora desta imaxe xunto cunha pequena coviña ( parte inferior esquerda)

Detalle da sua parte superior

SEGUNDA PEDRAFITA

A 6 m da anterior pedrafita, abatida casi no mesmo cruce e sinalizado esta importante encrucillada de rutas cara as Moureiras, Porto, Vilavella, Semáforo e Condomina.

Tén a forma da clásica pedrafita



A zona superior fica completamente pulidiña , dando testemuña da súa importancia noutrora. Non observamos ningún detalle na parte visible.


OUTRAS PEDRAFITAS DO VISO
No fondo do Porto do Viso a rentes da estrada, atópase esta outra  pedra chantada.

Esta pena non garda a sua forma orixinal
 ( parece cortada pola súa metade). Non observamos nengún detalle as engadir.

Obviamente terá que haber máis mobiliario disperso polo Viso sen explorar, dada a enorme dificultade de acceso.

O VISO OESTE

Podemos resumir os altos do Viso-Oeste mediante dúas estructuras .
A primeira, unha área chan ben defendida que contén posibles estructuras testificadas por grandes pedras, compatíbel cun primitivo asentamento.
A segunda: O Outeiro do Muíño do Vento.

Na imaxe ollamos un detalle dun  posible asentamento primitivo, dentro dunha extensa plataforma circundada por grandes penas.
Nesta mesma imaxe preséntasenos detrás e  franqueado por un potente muro, o Outeiro do Muíño do Vento "pra nós, etnográficamente enigmático" , co topónimo  do "Muiño do Vento" debido ao existencia do aquél no seu seo.

Para achegarse ao esa zona debemos de coller un camino que ten o seu berce na propia estrada o faro...

...sendo iste ún dos máis fortes camiños de acceso cara o Asentamento e o Muiño do Vento. Subimos por unha profunda congostra dende a estradiña o faro. A súa entrada a
 sinaliza unha forte e sospeitosa formación pétrea.

Ista formación pétrea fai as veces de punto referencial, aínda que para nós tiña outras funcións. Non podemos aportar especificamente detalles concretos pola dificultade de acceso.

Máis voltemos de novo o Outeiro do Muíño do Vento. A crecente natureza e o pinar que a ocupa só permítenos observar simples indicios do que suponemos algo maior:
Neste Outeiro do Muiño do Vento, lugar moi especial; para nós, esencialmente sacro; só poidemos captar está grande cazoleta nun penedo, "posiblemente escrito".
Pésie estar a pinos, nótase que o volumen da terra subiu o suficiente para ocultar o seu prezado tesouro, posiblemente neolítico, desta área pequena pero moi poboada de fortes penas. Para nós, dada súa posición xeográfica e dominante, non desbotamos a idea dunha necrópole : dahí o noso parecer sobre o alcume que lle damos de "Outeiro dos mortos".


Moi preto do Outeiro dos Mortos existe un grande penedo o que chaman A Pena do Tolo. 
Non podemos engadir nada máis pola dificultade que supón acceder ao estas áreas descritas, o voltar ao existir unha repoboación total de esta zona como eucaliptal.

Non podía faltar outra das grandes "mesas" , mobiliario moi común dentro da nosa cosmoloxía arqueolóxica. 
Estas imáxenes que vos ofrecemos son de fai 2 anos, no que aproveitáramos o paso feito pola maquinaria nun corte de pinos para subir. Hoxendía xa é imposible o acceso.
No fondo están as Moureiras; hoxendía representadas pola Vila de Bares.
 
 Situación da "cidade pétrea". A esquerda da imaxe, arriba;  vemos a congostra de entrada franqueada polo grupo de penas. Hoxe todo volta ao estar a selva.

Para situarnos, vemos que o Viso divídese en dúas seccións: a occidental (Muiño do Vento") e a oriental (O Semáforo).
O Viso ou as zonas montañosas do interior da Península, pésie a estar completamente cegadas a investigación  por constituír unha enorme e continúa plantación de eucaliptos, o que  poderíaselle dar un carácter históricamente  ermo,  non están exentas da súa propia historia local. 
Así o proban os camiños vellos trazados noutrora e que vertebran e de feito comunican grandes áreas achairadas, o que probará a existencia de hábitats milenarios, incluso o mesmo nivel que o lugar portuario o de hoxe aséntase o Porto de Bares.


Para salvar os desniveis do Viso, existen unha grande cantidade e variedade de plataformas naturais ou artificiais, que conforman diferentes formas segundo utilidade para as que foran feitas,  pulidas, rematadas ou rebaixadas.

A presencia acuifera na Península é moi notable. A ausencia de fortes regatos a suplen as súas múltiples fontes.

Proba selo é que aínda que esta plantación extensiva de eucaliptos sexa permanente, no chan sempre reverdecer con múltiples variedades de plantas.
 




 

    


Comentarios

Entradas populares de este blog

1.- Portada e adicatoria

6.- Atalaias e vixiancia do mar

10.- O Grande Centro Povoacional da Condomiña